Wednesday, October 9, 2019

Seguimos!

Hoxe voltamos a escoitar a canción de Guillem...e saíu a pregunta esperada!
"Profe, Guillem existe de verdad?"
Buscamos información sobre el en internet e...claro que si! É unha historia real dun neno (Guillem Cabrera) que dende moi pequeno soñaba con ser bailarín. Vemos diferentes fotos del e vídeos nos que sae bailando.
Aproveitamos entón para facer unha sesión de psicomotricidade explorando o noso corpo e os seus límites. Tentamos imitar as súas posturas...que difícil!



Aproveitamos tamén para coñecer un pouquiño de música clásica e bailamos de puntillas, mantendo o equilibrio, máis rápido, máis lento, cun papel entre as pernas, na cabeza...etc. As obras que empregamos son "A primavera" de Vivaldi e "El vuelo del moscardón" de Rimsky Korsakov.

Seguimos explorando o noso corpo con diferentes xogos de coordinación.


E como as nosas clases de Psicomotricidade son en Inglés, facemos xogos que nos axudan a controlar o espazo aprendendo unha nova lingua.


Voltamos a calma nos nosos recunchos, esta vez de grafo motricidade, mentres un grupo traballa con Valentes, os demáis esperan o seu turno xogando coas letras de xeito autónomo e libre.







No comments:

Post a Comment