Monday, September 30, 2019

Comezamos!

Hoxe, as nenas e nenos da clase de 6º de Infantil, comezamos a traballar con "Valentes, un proxecto para a Igualdade".

"¿Que é ser Valente?"

Aquí tedes algunhas das respostas na aula:

-"Non terlle medo a nada"
-"Ser moi forte nos músculos"
- "...no corazón tamén!"
-"cando no patio defendemos aos da clase de tres anos"
-"Facer así cos brazos, como esas dúas nenas que saen no libro"

Despois dun longo "debate", falamos de porqué cren que son dúas nenas as que saen na portada.
"O pelo longo", "porque está con outra nena..."  Traballamos sobre iso poñendo diferentes exemplos e descubrimos que Ares, é un neno.
Unha vez analizada a portada, cada un se senta co seu libro, non sen antes facer fincapé no seu coidado e no xeito de manipulalo.

Sorpréndeme a actitude de curiosidade coa que pasan as follas, e identifican pequenas cousas que teñen gravadas na súa memoria de anos anteriores...Como mestre/a é tan gratificante saber que conseguimos deixar pegada nas súas cabeciñas...Velaquí algúns exemplos:

"O Buckingham Palace! onde vive a raíña de donde é Witchy the Witch!" (a marioneta que empregan na aula de inglés)


"Este traxe é do Entroido onde vive a mamá de Teacher! Un "marrón"!" (Cigarrón)


"Por aquí vivimos nós, e aquí Witchy the Witch!"


"O universoooo!!!"



Despois de mirar o libro, e de saber que imos investigar sobre persoas moi valentes, xuntámonos na Pizarra Dixital para escoitar a canción sobre Guillem, un neno que soñaba con ser bailarín; leo o código QR na Tableta e proxéctase na pizarra dixital. Bailamos e desfrutamos da canción....moi pegadiza! na seguinte escoitada xa se animaron a cantar!

Ao ser unha clase moi numerosa (25 nenos/as de 5 anos) e que demanda moita atención, dividimos o espazo en recunchos; mentres unha mesa traballa con Valentes, os demáis están no rincón de grafomotricidade, de arte, de creatividade, de construccións... Cando oigan o sonido da campá (xa coñecen esta forma de traballo), levantan as mans e rotan.
No recuncho de Valentes eles/as mesmos manexan a tableta para comprobar que o QR funciona no seu libro. Maxia!



Velaquí exemplos dalgúns recunchos da aula onde manipulan de forma libre e autónoma mentres agardan o turno para o recuncho Valentes.







No comments:

Post a Comment